A corporación de Redondela amosou o seu apoio sen fisuras aos traballadores da empresa con sede en Chapela mergullados nestes intres nun complexo proceso de negociación do seu convenio. As formacións políticas secundaron as demandas dos operarios que buscan acordos que garantan o poder adquisitivo dos traballadores e en materia de flexibilidade laboral. A oposición aproveitou o debate para lembrar que “o empeoramento da situación dos traballadores é consecuencia directa da reforma laboral aprobada polo PP no 2012”.

O conflito laboral que nas últimas semanas se está a vivir en Nueva Pescanova foi protagonista na xornada de onte dun pleno ordinario que arrancaba con máis público do habitual no auditorio da Xunquera,. Eras as traballadoras e traballadores da empresa pesqueira quen asistían á sesión para reclamar á corporación municipal o seu apio nas negociacións que estes días os sindicatos están a manter coa empresa na procura dunha mellora das súas condicións laborais. Unha negociación entre dirección e os sindicatos CIG, UGT, USO e CUT que arrancou esta semana coa medición de Inspección de Traballo como árbitro para poñer fin ao conflito laboral e sentar as bases do novo convenio colectivo.

Dende o comité de empresa encargábanse de trasladar ao pleno de Redondela a situación ao que se enfrontan os traballadores, quen logo de catro anos sen subas salariais e tras afrontar unha nefasta xestións da anterior dirección víronse obrigados a protagonizar unha folga para esixir que se retirasen as pretensión da empresa que pasaban entre outras cousas pro aplicar unha rebaixa salarial dun 40% ás novas contratacións e pos aplicar unha flexibilidade horaria que os mantería pendentes do teléfono a calquera hora.

O edil do BNG Xoán Carlos González cualificaba de inasumible a proposta da patronal e apoiaba as reclamacións dos traballadores.

No mesmo sentido manifestábase tamén o edil de AER, Ricardo Figueroa, quen acusaba ao PP “de ser o responsable desta situación por ter aprobado a reforma laboral no 2012”.

O PSOE lembraba que son un total de 400 familias as que viven directamente en Redondela desta empresa e reincidía tamén en que “a situación actual e as pretensións da empresa son posibles grazas a reforma do goberno de Rajoy”

Os populares non entraron no debate e insistiron en que “o concello sempre apoiou esta empresa e sobre todo ás persoas que alí traballan”.

 

Fonte: Radio Redondela