Martijn de Laat (Tilburg, 1984) é graduado e máster no departamento de jazz do Conservatorio de Amsterdam, graduado cum laude en 2006. Como solista de trompeta formou parte dende 2010 ao 2014 de la SWR Big Band Stuttgart (radiodifusión). Dende 2007 é mestre titular de trompeta no Conservatorio Fontys de Tilburg, do Real Conservatorio da Haya e mestre convidado permanente no Conservatorio de Amsterdam.

Dende hai uns días está a impartir un curso de técnica de trompeta e música moderna, aos alumnos do conservatorio Víctor Ureña, mañá mércores ofrecerá un concerto como remate do obradoiro no multiusos da xunqueira a partir dás 20h a entrada é de valde e contará coa participación do músico holandés  ademais dos alumnos do curso, a Orquestra de Saxos e a Big-Band do Conservatorio.