Ramón Acuña e a súa esposa Elisa Pérez foron os propietarios do bar ” Sonate moneco” aínda que toda a xente o coñecía como a taberna de “Moncho”. Ramón Acuña emigrou para o Brasil co seu pai cando só tiñá 17 anos, alí aprendeu o oficio de hostaleiro, xa que traballou uns anos nun negocio que o seu pai montara no Brasil.

Co paso do tempo Ramón regresou a Paredes lugar onde nacera, estivo a piques de entrar na desaparecida fábrica de louza Pontesa, pero finalmente decidiu coller o traspaso dun bar no centro de Redondela. O que Ramón non supondría é  que alí botaría máis de trinta anos traballando e que a súa muller Elisa,  que de aquela non se coñecían formaría parte da súa vida.