Ata o trinta de abril 30 establecementos de Redondela celebran a Sexta Ruta do Pincho. Por 2 euros 75 podemos degustar tapas de alta calidade acompañadas dunha bebida. Desde espetadas de polbo con unto ata lombo de porco con lagostinos. Tratándose de Redondela hai varias creacións con choco. Para que non se perdan na vila os empresarios habilitaron unha aplicación para móbiles denominada ‘Redondela de cerca’.

Redondela ofrece estes días a posibilidade de ser crítico gastronómico ou xurado de concurso de cociña. É a Ruta do Pincho en que participan 30 establecementos da vila. Para non perderse, os empresarios mesmo habilitación unha aplicación de móbil.

É posible fusionar un polbo cun cocido? Semella que si. É a proposta do Gastrobar con esta deliciosa espetada galega. Os amantes da pasta poden gozar de suxerentes tapas como esta feita con espaguetes negros de xiba, mollo americano e coñac. Tratándose de Redondela hai varias creacións con choco. A ruta prolongarase ata o 30 de abril e os que voten entrarán no sorteo de fins de semana, sesións de balneario e rutas pola Ribeira Sacra.