A vida de Martín é toda unha historia de superación. Padece o síndrome de Proteus, unha das enfermidades máis raras do mundo, que provoca un crecemento anormal dos ósos facéndolle depender dunha cadeira   de rodas con tan so 10 anos.

Para Martín non foi doado nada na vida , o paso do tenis a pé ó tenis sobre cadeira foi moi difícil , pero o  esforzo  que Martín adicou ó deporte tivo a súa  recompensa xa que acadou  unha das súas grandes metas como tenista. “Os xogos Olímpicos de Río ” foron o  premio a todo o esforzo e preparación durante anos.

Na mañá de onte tivemos o pracer de contar con Martín dentro do Festival Redondela en curto na sección “Cine no Ensino” que promove a asociación “Andaina”