Redondela é o centro cultural de moitos concellos galegos e como non podía ser menos é todo un referente no día tradicional do primeiro de Maio celebrando a Festa dos Maios.  É ben certo que hai anos participaban moitios máis “Maios” que o de agora e que si non se cuida e potencia esta festa  pode chegar a  perigar, nesta ocasión houbo 14 participantes e dende ben cedo os máis pequenos xa entonaban as características  “coplas” cheas de retranca.

Os premios dos “maios” tradicionais foron para “O Cono do Chan” en primeiro lugar, seguido de “O Carballo” e “Este fixémolo nós”. No apartado de coplas, o gañador foi “Mari Carmen II”, seguido de “Os Miúdos de Sanmar” e “Cruceiro Os Pequerrechos”. Por último, recoñeceuse tamén a mellor interpretación para “O Carballo”, seguidos dos rapaces de “Os Ventoliños” e en terceiro lugar “Os Miúdos de Sanmar”.