Por fin chega o verde maio, e os veciños de Redondela andan por campos e xardíns en busca de flores para compoñer os “maios”. Estamos en Saxamonde, é unha das parroquias máis premiadas nos concursos que organiza concello, na  composición deste “maio” participan cincuenta persoas, dende nenos de dous años, que van  cantar as coplas por primeira vez, ata veteranos de máis de setenta anos.