Punta Socorro é  un dos lugares máis frecuentados polos redondelás xusto o remata o paseo de madeira creado hai xa un tempo. Na zona de Punta Socorro é onde se asentou a histórica fábrica da Industria Metalífera en España. Foi fundada no 1920 por un enxeñeiro alemá, Karl Guntsche e estivo activa, con interrupcións, ata 1957.

Hoxe en día esa zona xa non é lembrada  polo que foi se non polas fantásticas vistas que dende alí é posible disfrutar ó longo do paseo que da comezo en Redondela.

O que o Grupo de Electores de Redondela propuxo no pleno foi a de abrir o paso a toda aquela persoa que desexe chegar ata o final do coñecido “peirao da Portela” e deste xeito dar servizo de paso no que hoxe en día está intransitable.

Para iso AER demanda instar a Xunta de Galicia   de iniciar o expediente  de recuperación de zona de paso que xa no seu día se comezara a tramitar.