“A cidade dos nenos” é un proxecto impulsado en 1991 polo pedagogo e debuxante italiano Francesco Tonucci. As propostas deste proxecto, que viron a luz na cidade de Fano, chegaron a cidades de todo o mundo co fin de conseguir que os máis pequenos tivesen unha mellor calidade vida no ámbito urbano. O obxectivo último do proxecto é conseguir que os nenos teñan espazos seguros e amables para vivir plenamente a súa infancia e para adquirir a autonomía propia da súa idade; logrando este obxectivo conseguiremos que as cidades sexan espazos agradables para todos.

Partindo do neno como medida de cambio, Tonucci presenta unha serie de actividades de dinamización social que permitirán que os nenos sexan máis cidadáns e que as cidades sexan máis acolledoras.

O P.S.O.E de Redondela levou a pleno esta moción no que solicitan a colaboración coa Deputación de Pontevdrea para que a vila sexa partícipe das actividades promovidas pola mesma.