A proximidade da Festa do Choco de Redondela esta fin de semana e o distintivo de calidade fixeron que o prezo do popular cefalópodo subira un vinte por cento. O grande custa 8 euros e medio e o pequeno 10 euros. A frota do choco está moi satisfeita, ademais este ano malia o inverno quente medraron as capturas Todo o choco que se sirva nas casetas da festa, mil catrocentos quilos, terá a súa orixe garantida e a certificación de calidade da que goza desde hai menos dun ano.