David Amor explora unha nova faceta artística, a de titiriteiro, da man dos actores Miguel Borines e Andrés Giráldez. Coñecidos  polos espectadores da Televisión de Galicia polos seus personaxes de Moncho e Peixe en “Serramoura”, os convidados son tamén membros da compañía Tanxarina Títeres, a formación de teatro de monicreques máis veterana de Galicia, con máis de tres décadas de traxectoria, así que ninguén mellor ca eles para iniciar ao showman na manipulación das marionetas.