O Festival de Monicreques de Redondela fai dezaoito anos. Esta mañá asistimos a unha sesión infantil da compañía brasileira Tato Criação Cênica.Simplemente coas mans e con algo de vestiario, os membros da compañía recrearon un neno, un varredor, un músico e un bebé.
Coa forza das mans e algo de roupa e outros utensilios a compañía a brasileira escenifica as opcións vitais de todas as personaxes e como cada decisión ten as súas consecuencias.

Os nenos gozaron da representación: da vaca, do varredor, do rapeiro e do home da rúa.
Paralelamente o Multiúsos da Xunqueira acolle esta marabillosa exposición dos monicreques da compañía La Tartana con autómatas de ‘Don Quixote’, dun toureiro, dun pianista e diversas figuras do ‘Fausto’. Unhas pezas que se activan ao pulsar un botón e que converten en algo máxico ao paso de nenos e maiores por este festival de monicreques que este ano se estende tamén a varias prazas e rúas de Redondela.

Fonte TVG