Unha familia de Chapela, en Redondela, parou onte as obras de ampliación da AP-9. Non están de acordo coa forma en que se fan os traballos, pegados á súa vivenda. Din que o novo carril de circulación queda demasiado preto da casa, polo que piden que os expropien.

Os traballos de ampliación da AP-9 ao seu paso por Chapela, en Redondela, obrigaron a expropiar e demoler varias vivendas neste camiño. A casa da familia de Mari Carmen, Quini e os seus pais, quedou no lugar, pero eles din que o novo carril de circulación pasa demasiado preto.

Aseguran que o ruído e as vibracións serán insoportables. Ademais, denuncian que as obras causaron corrementos de terras que moveron a edificación, causando numerosas fendas. A familia reclama que os expropien porque din que a casa quedará inhabitable pegada ao novo carril da autoestrada.

 

Fonte :TVG