“Sopa de Festa” lévanos á Festa do Choco de Redondela, declarada de Interese Turístico de Galicia. Desde hai 31 anos a vila enxalza este cefalópodo que é o rei das augas que bañan o municipio. Veciños e visitantes achéganse ata Redondela para probar algún dos pratos e as distintas variedades de choco que ofreceron os restaurantes da zona. Ademais, podemos coñecer da man do mariñeiro Alberto Pereira un pouco máis sobre a arte que empregan para pescar o chopo.