Os afectados polas participacións preferentes acudiron a 2 plenos municipais en Redondela e Gondomar. Neste último concello, o pleno suspendeuse aos 5 minutos do seu inicio. O alcalde tomou esta decisión despois que os afectados interrompesen a sesión solicitando o apoio da corporación municipal.
Pola contra en Redondela o pleno celebrouse con normalidade despois que os afectados lesen un comunicado.

clica o seguinte enlace para ver e escoitar o comunicado: http://redondela.tv/concello/comunicado-da-plataforma-das-preferentes/