O Partido Popular presentou unha moción por parte da concelleira de Parques e Xardíns María José Barciela para solicitar  máis compromiso  por parte da Deputación de Pontevedra. Os populares din que dende que a Deputación está gobernada polo bipartito Redondela está totalmente esquecida. “Antigamente os camiños estaba en mellores condicións gracias á axuda prestada pola Deputación” comentou Barciela . Tanto a concelleira do Partido Socialista Digna Rivas como o concelleiro do BNG Xoán Carlos argumentaron que os populares están acostumarades á Deputación “Caciquil ” do anterior presidente Rafael Louzán.