Catro furtivos que a confraría de Redondela perseguía dende hai un mes foron arrestados. Identificáronos e requisáronlles preto de 50 quilos de ameixa e os aparellos. Foi o patrón maior o que organizou o dispositivo para capturalos. Os furtivos que levan máis dun mes saqueando a ameixa no areal de Cesantes. Montaron un dispositivo coa policía para collelos na allada.  Deixaron aos furtivos coller a ameixa e en pouco tempo encheron os cestos. Levaba detrás de eles preto dun mes e xa noutra ocasión conseguiron escapar. Ademais da ameixa, a policía fíxose cos aparellos que levaban. Os detidos foron postos en liberdade. Dende o pósito calculan que puideron perder preto de 2.000 quilos de ameixa por culpa dos furtivos.