Borja ten 23 anos, é de  Redondela, pero reside r traballa en Vigo, nunha barbería. Alberto ten 19, está rematando bachiller e a súa paixón é o mundo audiovisual. Ambos son novos con inquietudes, pero sen ningún afán de protagonismo. Iso é algo no que inciden cando lles coñecemos no seu particular salón de beleza, ó aire libre e situado na Rúa  Jacinto Benavente. Alí, Borja realizou seus dous primeiros cortes de pelo solidarios, e é que, despois de Carlos, polas súas  tesoiras pasou unha sen teito norteamericana. Hoxe xa non había nin cadeiras, nin sillóns como entón, así que apoiados nunha pedra faláronnos das súas motivacións á hora de abordar esta experiencia. “Lo hicimos para que la gente, en vez de pensar mal de ese tío, con esas pintas, vean que ese tío está en la calle, porque no tiene trabajo y está viviendo en el suelo”, comenta Borja. Carlos añade que a idea era “crear un poco de conciencia y que le gente viese eso”. Advirten de que no son unha ONG e que o facen “para crecer como persoas”.

Ao corte de pelo,  súmase ó final un bocadillo “de chourizo, pero nos próximos servizos haberá outros embutidos como pavo ou xamón”, bromean. O caso é que Carlos, “o verdadeiro protagonista da nosa experiencia,  mostrouse moi agradecido con nós, por algo tan pequeno como iso, un corte de pelo e un bocadillo, foi o que máis me sorprendeu”, incide Alberto.

 

Texto: Faro de Vigo ( Marta Clavero )

Instagram: @rotten_razor

Instagram: @_albertocortes

Correo: alberto.cortes98d@gmail.com