Catrocentos trinta e un alumnos do CEP Santa Mariña e o EEI A Marisma de Redondela, de entre 5 e 12 anos, reuníronse ao longo do Paseo da Xunqueira o xoves 4 de maio para ler e compartir lecturas e convidar de paso a todos os que circulen polas inmediacións a que se unan a eles nesta actividade.

Así mesmo, os participantes recibiron a visita da Coca Simona, disposta a participar destas lecturas conxuntas, que repartiu marcapáxinas conmemorativos do centenario de Gloria Fuertes cedidos pola editorial Susaeta. Ademais, os nenos e nenas intercambiaron m arcapáxinas, que foron elaborados por eles mesmos, e recibiron  unha chapa conmemorativa do evento.

A continuación das actividades no exterior, o alumnado entrou no auditorio do Multiusos para asistir a diversas actuacións entre as que destacaron a de Paco Barreiro e así mesmo outras  dos propios nenos de infantil e primaria de ámbolos dous coles.

Lectura na Rúa,  foi unha iniciativa da biblioteca do CEP Santa Mariña que conta coa colaboración do EEI A Marisma e as Bibliotecas Municipais de Redondela.