Unha feira que ata o vindeiro domingo na Alameda acolle presentacións literarias e actividades para todos os públicos con descontos do 10% apra aqueles que adquiran algún libro nalgunha das sete librarías participantes. Neste venres haberá contacontos a partir das 18:00h e presentación dos libros El guardabosques de Yesica Prol Cid e De tu corazón a mi libro de Pablo Piñeiro e Hugo Sanmartín. Citas que continuarán o sábado coa presentación entre outras da obra Pituxa a fantástica nena da caca de ouro na caseta das bibliotecas e o domingo cun concerto das Maimiñas ás 13:00 horas e unha tarde máxica en torno á figura de Harry Potter.