Ledicia Costas foi a encargada de ler o pregón no acto de inaugural que se celebraba na tarde do xoves coa actuación da Orquestra de Saxos de Redondela e a presenza do Secretario Xeral da Xunta, Anxo Lourenzo, e a presidenta da Federación de Libreiros de Galicia, Pilar Rodríguez. Costas puña en valor a escritura en galego lembrando os versos de Celso Emilio Ferreiro do seu poema “Deitado Frente ao Mar”

Un pregón cargado de referencias ao noso concello, que Costas identifica necesariamente co tren “porque a miña primeira viaxe en ferrocarril foi ata Redondela” aínda que co tempo a súa vinculación adquiriría tamén tintes literarios, coa figura de Jules Verne.

 

Fonte Radio Redondela