Un novo atractivo para achegarse a Redondela e que se suma as numerosas actividades culturais e de ocio que se ofertan estas semanas no noso concello como sinalaba o Secretario Xeral da Xunta, Anxo Lourenzo.

Unha feira que achega ao noso municipio as últimas novidades editoriais e un programa de máis de 20 actividades ata o 11 de xuño para todos os públicos, que inclúen presentacións e sinatura de libros, obradoiros infantís, espectáculos musicais e contacontos, sendo unha das máis interesantes a que nos deixa a Biblioteca municipal coa presentación o sábado ás 18:00 horas do libro infantil  “Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro” de Marcos López Concepción. Acompañarán ao autor, a ilustradora da obra, Lida Nokonoko, Francisco Castro da editorial Galaxia e Mª Elena Becerra, bibliotecaria de Redondela. Entre os participantes á presentación deste libro, que veu a luz na sala de estudo da Biblioteca Municipal Valle-Inclán  de Redondela,  sortearanse tres penicos a modo de cesta de agasallo, cheos de caramelos e chocolates.

A Feira do Libro de Redondela permanecerá aberta hoxe e mañá venres de 11:00 a 14:00 horas, pola mañá, e de 17:00 a 21:00 horas en horario de tarde. Na fin de semana, poderá visitarse de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30 horas.