Merchi forma parte das casi 70 persoas que levan semanas traballando arreo para a elaboración das alfombras florais que engalanarán as rúas da Vila. A maioría son mulleres aínda que algún home tamén se deixa ver polas oficinas improvisadas para a ocasión. A primeira parte do traballo está feita que é preparar o “verde” como elas lle chama, nos días previos toca traballar na flor, xa que aguanta menos tempo en bo estado de conservación. E por último queda pintar as rúas con deseños preestablecidos previamente onde todo o traballo de semanas quedará desfeito nuns minutos.