Dende hai tres semanas varias agrupacións de voluntarias levan traballando duramente unha media de 5 horas o día para a elaboración das alfombras florais. Este duro traballo leva por si varios procesos, o primeiro é traballar no “verde” chámanlle así ás mimosas e as “tuyas”, unha vez que esta todo preparado comezamos coa flor, normalmente uns días antes xa que se non a flor se estragaría, este proceso para por varias mans xa que hai que desfacer a flor e quedarse co capoullo por un lado e os pétalos por outro.

Hoxe en día non temos maior complicación xa que o Concello de Redondela é o encargado de subministrarnos o material, antigamente iamos a roubar as flores por Redondela e arredores pasando varios días en busca das mellores, era un traballo moito máis duro, tamén é certo que había máis xente traballando e non se facían tantas alfombras coméntannos as alfombristas.

Todo está practicamente rematado para proceder ó pintado das alfombras nas rúas e comezar a perfilalas, un proceso de moitas horas que tan só nuns minutos quedan totalmente pisadas.