O Concello de Redondela leva anos homenaxeando nas Festas da Coca a todas aquelas persoas cunha traxectoria importante na elaboración das Alfombras, no acto de inauguración das Festas o alcalde de Redondela Javier Bas entrega un agasallo ás persoas máis relevantes.

Neste ano no 2017 as persoas escollidas foron Jesusa Figueroa e Elvira Rafael, ambas levan practicamente dende os comezos polo anos 6o cando se fixeron por primeiras vez as Alfombras.

Tanto Jesusa como Elvira recordan aqueles días nos que saían camiñando en busca de flores, “daquela non había coches tiñamos que ir a pé a roubalas, xa que o Concello por aquel entón non colaboraba coma hoxe” relatan as alfombristas.

Redondela.tv conversou tanto con Jesusa como con Elvira para que nos explicaran como eran polo aquel entón as Festas da Coca.