Na praia de Cesantes, en Redondela, un grupo de ‘kitesurfistas’ tiveron que socorrer varios bañistas que quedaran atrapados por unha corrente. Segundo as testemuñas, varias persoas entraron na auga para salvar unha muller que non era capaz de saír.

O problema foi que unha vez no mar, ningún daba nadado ata a area pola forza da corrente e o vento que se levantara. Un grupo de mozos que practicaban kitesurf coas súas cometas correron auxilialos e conseguiron sacalos en pouco tempo da auga. Por sorte ninguén resultou ferido e todo quedou nun susto.