Pepe Solla compartiu hoxe aula co alumnado do colexio público de Laredo, no concello de Redondela. O cociñeiro  O alumnado de quinto e de sexto de primaria do colexio público de Laredo garda silencio. Pepe Solla explícalles algúns principios básicos de gastronomía e ninguén quere perder detalle Falaron da temperatura de cocción e das propiedades dos alimentos pero, sobre todo, da importancia de usar a cabeza. Tamén se someteu ao interrogatorio do alumnado, que sabía todos os segredos do cociñeiro. Para rematar inventou unha receita cos ingredientes que escolleron dous estudantes ao chou: o berete de Laredo.