Como todos os anos redondelatv saíu a rúa para inmortalizar o duro traballo que require confeccionar as alfombras florais, e quizais este ano foi un do máis duros climatoloxicamente falando xa que as altas temperaturas fixo perigar o estado da flor nalgúns casos.
Por outra banda a chegado do bo tempo fixo que milleiros de persoas saíran as rúas para contemplar o minucioso traballo que con leva as alfombras.

Xa no día propio da Festa o xoves de Corpus, malia a que só é festivo en Redondela milleiros de persoas abarrotaron a Vila para ser partícipes da tradición e non deixar de contemplar o maxestoso baila das Espadas onde este vez o sol foi o verdadeiro protagonista do día.