Carlos Fotsca foi o pregoeiro das Festas da Coca 2017 dende hai uns anos o Concello de Redondela ven de recoñecer as persoas da Vila que tiveron algún peso importante na súas vidas. No ano anterior a pregoeira das Festas foi Margot Araujo sen dúbida unha muller que traballou na recuperación do patrimonio ó redor do Corpus.

O recoñecemento a Fotsca non so foi pola súa adicación a fotografía xa que como profesional da mesma retratou a toda unha Vila onde naquel tempo era moi custoso posuír unha cámara de fotos. Fotsca foi durante moito anos o encargado de debuxar os bocetos das afamadas alfombrar florais, unha adicación totalmente altruísta.

Na lectura do pregón Carlos Fotsca lembro aqueles momentos nos que Redondela vivía por e para as Festas.