Unha das Burras, Sonia Ferreira, dedicáballe unhas sentidas palabras en nome do colectivo “todo o que sabemos do Baile e, sobre todo, a vestimenta que lucimos Burras e Penlas debémosllo a Margot” en referencia ao seu esforzo por recuperar os traxes tradicionais do baile.
Tamén Carmen Amoedo, teniente de alcalde e amiga persoal de Margot lembrábaa “como unha persoa que lle puxo corazón a todo o que fixo por este pobo, que foi moito e sempre de xeito desinteresado”.
Escoitando estas palabras estaban os seus fillos, Fernando, Marga e Marta Rivas. Esta última, visiblemente emocionada, tomaba a palabra para agradecer “a toda a xente que a coñecía, que a quería e que a botan de menos e que desexarían que estivera aquí para que gozara das festas”. Pechaba a súa breve intervención coa voz quebrada e dedicando o acto a súa nai, Margot, e ao seu pai “que sempre a apoiou en todo o que fixo”.

 

Fonte Radio Redondela