Dentro das homenaxes que este ano se fixeron no marco  das Festas da Coca, non podía faltar a homenaxe ao relevo xeneracional das  “Penlas” cando unha rapaciña se vai facendo maior fai que a dificultade para bailar enriba dos ombros das “Burras” sexa complicado, cada certo tempo entran rapaciñas novas que exercen de “Penlas ” durante aproximadamente  dous ou tres anos.

No pasado Corpus un dos momentos homenaxeados foi o relevo das máis antigas as máis noviñas cedendo uns a outras os gorros tradicionais e danzando por última vez para goze do público.