Dende o domingo 25 ata o 2 de xullo o pavillón de Chapela acolle os encontros correspondentes ao Torneo de Fútbol Sala que organiza o Arealonga. Oito días de competición que son toda unha festa deste deporte e que lle sirve tamén ao equipo para tantear posibles fichaxes e acadar tamén algún ingreso económico para o club.

Un campionato que congrega a menos equipo que en anos anteriores onde se tiña superado os cen participantes, debido a que por primeira vez a Vigo Cup incorporou tamén esta modalidade deportiva. “Equipos que adoitaban participar no Torneo do Arealonga este ano xogan en Vigo” explica o presidente do club Iván Vázquez quen salienta tamén a cara positiva desta merma no número de participantes “que permite facer un calendario de partidos menos intenso”.

Os equipos participantes abarcan todas as categorías, dende os mini atas os sénior, con competición tamén en cadete masculino e feminino, xuvenil masculino, sénior mixto, sénior feminino e sénior masculino.

Un torneo que lle serve ao club para mellorar a súa situación económica malia que unha das achegas principais é a do patrocinador do Arealonga FS, Construcciones Castro. O xerente da empresa José Manuel Castro anunciaba na presentación do torneo a súa intención de implicarse máis co equipo nesta nova tempada.

Dende a Concellería de Deportes, Julio Mougán destacaba a boa organización do torneo e o “inmellorable traballo que se está a facer dende o club de cara a promocionar o deporte de base”.

 

Fonte Radio Redondela