Sucedeu pouco antes das seis da mañá no paseo da praia. O presunto homicida achegouse ata a baranda e comezou a ouriñar sobre a area. A vítima e un amigo recrimináronlle esta acción incívica. E sen mediar palabra, o agresor sacour un revólver e asestoulle un tiro mortal no peito ao mozo, de 25 anos. Aínda efectuou outro disparo contra o amigo, pero este logrou escapar sen ser ferido. O agresor, de 43 anos, é tamén veciño da zona e ten numerosos antecedentes. Ao parecer acababa de saír do cárcere nun permiso penitenciario. Foi detido as poucos metros do lugar cando intentaba fuxir nun taxi.

Xa estaban apagadas as cacharelas e apenas quedaban persoas no areal. O agresor apoiouse na varanda neste punto do paseo e comezou a ouriñar cara a praia. A vítima e un amigo que estaban abaixo protestáronlle e subiron para recriminarlle a acción.

O disparo mortal alcanzoulle por debaixo do corazón. A vítima mortal tiña 25 anos e residía no barrio vigués de Teis. O agresor aínda disparou tamén contra o amigo, pero este logrou escapar sen feridas. A colaboración dos veciños e a rápida acción da policía, que estaba moi preto do lugar, permitiu a detención do homicida, que intentaba fuxir nun taxi.

Segundo varias testemuñas o agresor xa exhibira intres antes a arma diante da xente congregada en Arealonga para participar nas fogueiras de San Xoán. Acababa de saír do cárcere onde cumpría condena por varios delitos. É tamén veciño de Teis, pero non había ningunha relación  previa entre el e a vítima. O presunto homicida permanece na comisaría de Vigo a espera de ser posto a disposición xudicial nas próximas horas.

Fonte :TVG