Como todos os anos centos de persoas acoden a Redondela para poder ver o tradicional “Baile das Espadas” onde representa a unión dos mariñeiros na procura de vencer á Coca para que devolvas as mozas que previamente raptou.

Poder chegar a tempo para contemplar a danza non é tarefa doada son varias as persoas que fan garda dende horas antes para estar na primeira fila e deste xeito poder disfrutar dos Danzantes en todo o seu esplendor.

Redondelatv gravou un ano máis dende unha perspectiva privilexiada a danzo ó completo podendo observar con detalle as figuras realizadas con precisión. Agradecemos enormemente a amabilidade de todas aquelas persoas que nos ceden un espazo das súas casas, para que deste xeito todos e todas poidamos gozar do “Baile das Espadas.”