Como é tradición Vilavella celebrou a súa festa do Corpus uns días despois ás festas da Vila, na antiguedade Vilavella, nacería situado onde actualmente se atopa o convento homónimo.  Así, aproveitando as boas condicións agrarias que ofertaba a confluencia dos ríos Alvedosa e Maceiras, así como a localización do núcleo no cruzamento da antiga estrada romana que ía de Tui a Pontevedra, e o camiño a Baiona; nacería o núcleo da Redondela Vella

Deste xeito Redondela festexaba dúas veces as Festa da Coca, hoxe en día aínda se conserva dita tradición e como cada ano Vilavella adorna as súas rúas para que sexan pisadas pola procesión e máis polos danzantes. Redondela tv estivo presente na elaboración das alfombras e no día grande o domingo de Corpus.