Sonoaire celebrou o seu primeiro festival de música ó aire libre, un festival cargado de música variada e para todos os gustos, un primer festival no que o público destacou a iniciativa como satisfactoria. O intenso calor fixo que a primeira hora é co grupo local en escena “Caramuxo Vermello” o público buscara a sombra para atenuar a calor. Ás cinco da tarde arrancaba o Festival seis grupos en seis prazas distintas con seis estilos diferentes. Sonoaire forma parte xa dun novo evento cultural que se suma a intensa actividade cultural de Redondela.