A Agrupación de Electores solicita que de xeito inmediato se proceda por parte do goberno local a determinar que espazo podería sen empregado polos colectivos do concello e propón como posibilidade máis interesante a coñecida como aula da cafetería “por contar con almacén e acceso exterior”. Reclaman tamén que se dote dita aula de acceso a internet e mesas e cadeiras e que as asociación poidan comezar a facer uso deste espazo no mes de agosto.

A petición chega ao pleno da man da Agrupación de Electores aínda que parte das propias asociación (Xente Titiriteira ou Alén Nós, entre outras) que precisan dun local no que se reunir, gardar a súa documentación e organizar os seus eventos. Explican dende AER que “a este necesidade histórica do asociacionismo redondelán hai que engadir no momento presente que en breve diversas asociacións teñen que deixar de empregar as casas dos Mestres ante a realización de diferentes obras”.

Engade o colectivo asembleario que no Multiúsos existen aulas dispoñibles que se poderían destinar á creación dun espazo compartido por estas asociación e instan ao goberno local a que esta actuación sexa inmediata.