O Partido Socialista levou novamente unha moción ó pleno presentada xa en varias ocasións onde solicitan urxentemente que se realicen as obras do pavillón do colexio de Redondela e as obras do tellado do colexio de Quintela. As 2.000 sinaturas recollidas polos pais de alumnos e alumnas do colexio de Redondela no ano 2011 e as mobilizacións pedindo que se procedan canto antes aos arranxos de ditos colexios segue a día de hoxe como no 2011.
Por outra banda dende o temporal de vento no mesmo ano 2011 o vento levou parte do teito do colexio CEIP de Cedeira, a posterior reparación foi feita como provisional a esperas dos arranxos finais prometidos por parte do Delegado Territorial da Consellería de Educación. Segundo o voceiro do Partido Socialista de Redondela todo segue no esquecemento xa que a día de hoxe as obras finais seguen sen realizarse.
Vídeos relacionados
señores políticos en todo momento falades dun pabellón pa 400 rapaces de Redondela que pasa que vale máis 400 que que 120 de Quintela porque tanpouco ten pabellón e non se reclama ou é que ir pidiendo pouco a pouco