Os novos edís, que substitúen na corporación a Jorge Varela “Chopi” (AER) e Raquel Quintáns (concelleira non adscrita) empregaron a fórmula “si prometo. Por imperativo legal” para xurar o seu cargo de concelleiro.  Unha renovación de caras cando nos atopamos no ecuador do mandato que ambas as dúas formacións políticas comprometeran no seu programa electoral. De feito, os cambios na Agrupación de Electores continuarán coa entrada de Noé Cano, Roberto Darriba e Javier Bastos en vindeiras sesións.

Por outra banda o BNG presentou unha moción sobre a restauración do Viaduto a Pontevedra cun custe de 2.500.000 € Segundo Xoán Carlos voceiro do BNG solicita que se realice un estudio sobre o impacto acústico que xenera dita ponte, Xoán Carlos solicitou tamén que dita ponte se considere Ben de Interese Cultural .