A Asociación Deportiva C.A.R. (Club Atletismo Redondela) nace do espírito emprendedor dun grupo de xoves co obxectivo de fomentar o deporte en xeral e o running en particular. Con esta ideoloxía a Asociación participa e implícase activamente en tódolos eventos que permitan aumentala práctica de deporte entre as persoas de tódalas idades.

A día de hoxe o CAR no só é un equipo de atletismo cunha canteira de novos deportistas, dende hai uns anos o Club decidiu crear o equipo de triatlón que a día de hoxe conta con 18 licencias.

Para Miguel e “Sebas”  adestradores das categorías bases o traballo e a disciplina é  fundamental, aínda que ambos levan moi pouco tempo como adestradores destacan a gran labor da adestradora anterior Noite Fernández, xa que deixou unha canteira ben adestrada como se está a comprobar nas probas que disputa o equipo obtendo pódiums en varias delas.