O Concello de Redondela e dende a Concellería de Ensino convocaron novamente  o Premio de Ensino Jules Verne. Uns premios que pretende que os estudantes expresen a través dos seus traballos o seu enxeño e imaxinación. Os premios son os seguintes:
PREMIO de CIENCIAS para un traballo ou proxecto de calquera das materias de ciencias que se cursen nos niveis descritos na base primeira, é dicir, 6º de EP e todos os graos de ESO.

PREMIO   de   INVESTIGACIÓN   EN   LINGUA  GALEGA
para   un   traballo académico orixinal en lingua galega que non superará 10 páxinas de extensión, tamén para os niveis descritos anteriormente. Non se poderá concursar con informes de prácticas nin traballos similares. Premiaranse os dous mellores traballos presentados en cada categoría.

O escenario da gala de premios foi realizado na Alameda de Redondela, os alumnos de Cedeira de  Jesus Cameselle puxeron a base musical na gala.

Vídeos relacionados