Os veciños de Chapela opóñense á apertura do novo carril da autoestrada do Atlántico se non se garante a seguridade do colexio situado ao pé do vial. A ANPA aceptou a instalación dun muro de protección, pero esixe a construción dunha nova escola antes de que entre en funcionamento a ampliación da AP-9.

O proxecto de ampliacón da AP-9 ao seu paso por Chapela inclúe a apertura dun terceiro carril en sentido Santiago que invade parte do colexio de infantil e primaria. Hai uns días derrubaron as dependencias máis pegadas á autoestrada. O ministerio e Audasa prometéronlles que construirán un muro reforzado para protexer a escola. Pero tanto os veciños da parroquia redondelá como a ANPA do centro recean desa solución e opóñense á apertura do carril.

Nais pais e veciños esixen que se cumpra a promesa de abrir un novo colexio antes de que entre en funcionamento a amplaición da AP-9. Pero, maila que administración sinala que se están axilizando os trámites, o edificio non estará construído antes de dous ou tres cursos. Un atraso que desgusta aos afectados.

O vial rexistra un importante volume de tráfico pesado, que se complica co acceso á autoestrada dende a estrada nacional que atravesa Chapela. A obra de ampliación xerou protestas en todo o trazado, xa que supuxo a expropiación de varias vivendas e que se estreitara o espazo entre os coches e os edificios. Tanto o ministerio como a emrpesa concesionaria aseguran que se extreman as medidas para minorar o impacto da obra.

Fonte :TVG