Xavier Sala i Martín, catedrático de economía na Universidade de Columbia, explícanos neste vídeo de xeito sinxelo que son as participacións preferentes; un activo financeiro que é unha mestura entre un bono e unha acción.
As participacións preferentes teñen un tipo de interés fixo (como un bono), pero só se a empresa gaña diñeiro (como as accións). Entón, se o banco ten dificultades económicas e os investidores queren recuperar o diñeiro, as persoas con preferentes están por diante dos accionistas, pero o resto de prestamistas están por diante das preferentes, polo tanto, de entre todos os acredores que non son propietarios, os das preferentes son os últimos.

Explicóuselles todo isto no seu momento ás persoas que están afectadas hoxe en día?….

O conflito:
Cando a crise e a morosidade empezaron a roldar a bancos e caixas, algún experto en finanzas, encontrou nas preferentes un filón para manter a solvencia das entidades. A estratexia de venda funcionou. Tamén, que un millón de compradores, confiaron o seu diñeiro sen saber que en época de vacas fracas, podía quedar retido ou perder gran parte do seu valor.

Moitas persoas encontraron atractivas estas participacións que tiñan unha rendibilidade 3 ou 4 puntos máis alta, pero o produto é tan complexo, que moitos non sabían o que estaban a contratar….