Un dos deportes en auxe como é o triatlón chega por primeira vez á Vila será o sábado día 22 a partir dás 16h . Os participantes deberán superar 750 metros a nado, 20 kilómetros sobre a bicicleta e 5 a pé, nun percorrido que arrancará no peirao de Cesantes.

Dentro da aposta que a Concellería de Deportes está a facer de cara a incrementar a oferta deportiva en Redondela, organizan en colaboración coa Asociación CAR a I tríatlon Concello de Redondela na que contemplan a participación dun total de 250 deportivas. O director da carreira,  explica que ese é o límite establecido pola organización para esta proba na que confían se cubran todas as prazas “por tratarse dun deporte con moito seguimento na provincia e actualmente de moda grazas a deportista de renome como Javier Gómez Noya ou Iván Raña”.

A carreira contempla 750 metros de natación, 20 kilómetros en bicicleta e 5 kilómetros a pé con inicio no peirao de Cesantes. Será nos puntos de transición (porto de Cesantes e na Alameda) onde se produza a maior expectación por parte do público, a alcaldesa en funcións Maria Carmen Amoedo convidou a todas as persoas que se acheguen a Redondela a presenciar a proba e a disfrutar da Vila, ” xa que Redondela ten moitos lugares atractivos así como a súa gastronomía ”

A inscrición,  realizarse on-line, a través da web da Federación galega de triatlón www.fegatri.org.