José Quinteiro é triatleta e membro do CAR de Redondela, que gracias ó esforzo do club xunto coa concellería de Deportes de Redondela e a Federación de Triatlón foron quen de sacar o proxecto adiante. Quinteiro pide a colaboración dos veciños xa que o día do evento o sábado día 22 a estrada principal da Vila así como a subida a Reboreda e á praia de Cesantes estarán cortadas para proporcionar máis seguridade aos deportistas.

A carreira contempla 750 metros de natación, 20 kilómetros en bicicleta e 5 kilómetros a pé con inicio no peirao de Cesantes. Será nos puntos de transición (porto de Cesantes e na Alameda) onde se produza a maior expectación por parte do público, a quen Quinteiro  anima a asistir por tratarse dun “deporte moi atractivo visualmente”.