As prazas, rúas e prais de Redondela e Chapela acollen desde o martes e ata o domingo da próxima semana diferentes espectáculos para todos os públicos con moito ritmo, humor e color. O Festival de Cabaret de Redondela complétase cun Campus Cabaret con varias aulas maxistrais de artistas destacados para que todo o mundo poida vivir unha plena experienicia formativa.

Logo do éxito do pasado ano, Redondela repite como sede do Festival Galego de Cabaret, e faino facendo “súa” esta cita, que pasará a engordar a ampla axenda cultural da vila. Desde o 22 e ata o 27 de agosto Redondela vaise converter nun auténtico cabaret berlinés atemporal. Trátase dunha proposta “100% de verán e 100% de rúa” que integrará actividades como obradoiros, un bingo, presentación de libros, debates, espectáculos itinerantes ou galas de cabaret nos escenarios da praza da Casa da Torre ou a Alameda de Chapela. O Festival de Cabaret de Redondela 2017 é unha co-producción entre a Concellaría de Cultura de Redondela e a compañía Nelson Quinteiro Cabaret, que “encherán de cor, diversión e desenfado as rúas, prazas,xardíns e praias de Redondela. Os espectáculos comezarán o martes 22, ás 20.30 horas, no palco dos músicos da Alameda de Redondela. Será cun “PetardBingo” no que non faltará o humor nin tampouco os agasallos para aqueles que canten “liña” ou “bingo”, grazas á colaboración dos comercios locais. O mércores, no mesmo lugar e á mesma hora, preséntase o “Pequeno manual das artes perversas”, o primeiro manual de cabaret contemporáneo, escrito por Nelson Quinteiro. A continuación comezará o café-teatro “Caligrafías”. O xoves é a quenda do espectáculo Waterproof, no que a auga e o amor son os protagonistas. Estará ás 18.00 horas na Praia de Cesantes e ás 20.30 horas na praza do Concello. O sábado a cita é co Flashtop Cabaret, unha verdadeira festa cabareteira na rúa con animadas coreografías e moita diversión. Estarán a partires das 12.00 polas rúas do casco vello de Redondela e ás 20.00 horas no paseo de Chapela. E na Alameda de Chapela ás 21.00 porán en escea Novecento, unha viaxe polas emociones, a arte e a música onde recrean as vanguardas de principios do século XX. O festival péchase o domingo, 27 de agosto, cun Soho Cabaré como gran clausura. O obxectivo é converter a Praza da Casa da Torre nun auténtico cabaré berlinés, para o que animan ao público a acudir caracterizados ao estilo “cabaret”. Haberá unha zona de espectáculos, pista de baile, zona café-cantante, mercado, restauración con cociña de autor, bar e a Gran Gala de Cabaret Berlinés atemporal a cargo dos integrantes da Compañía Nelson Quinteiro Cabaret, que encherá toda a praza de actividades, sorteos e premios para as mellores caracterizacións.

Campus Cabaret.

Fonte: Radio Redondela