A seca deste verán está a provocar situacións límite nalgunhas parroquias de Redondela onde se ven obrigados a restrinxir o consumo de auga. Na parroquia de Quintela a comunidade de augas chegou a pechar a subministración durante case 7 días seguidos e faino sen previo aviso.
Os veciños vense na obriga de tirar de pozos privados ou mesmo ir ás fontes a coller auga.