A Garda Civil investiga dous veciños de Chapela, en Redondela, acusados dun delito de malos tratos a animais, por falta de atención e coidado a varios cans. Os denunciados tiñan once animais vivindo nunhas deplorables condicións hixiénico sanitarias, con síntomas de desnutrición e atrofia nas extremidades. A un dos cans tiveron que amputarlle unha pata. O lamentable estado en que chegou unha das cadelas a unha clínica veterinaria propiciou que o Seprona iniciara dilixencias, para identificar os propietarios. Cando chegaron ao domicilio dos investigados, atoparon o resto dos animais.