Ante a inquedanza do partido xudicial do concello de Redondela pola situación dos xulgados, no que fan constar os cidadáns que conforman dito partido,  que  están a sufrir retrasos pola alta carga de traballo. O concello de Redondela dispón  de dous xulgados  de primeira instancia o que fai que o traballo a realizar leve bastante tepo de retraso,   concellos limítrofes como os de O Porriño  con menos habitantes que Redondela dispón de máis infraestruturas .

O concello de Redondela aprobou no pleno instar a Xunta de Galicia para a realización dos trámites oportunos para concesión para Redondela do terceiro xulgado e de maneira subsidiaria e urxente ou no seu caso ampliar a plantilla de traballadores para liquidar a carencia dun novo xulgado