Redondela disfrazouse de festa un ano máis. Grandes e pequenos encheron de colorido e diversión as principais rúas deste concello. E os que veñen por primeira vez, de seguro que repiten. O que non falta nesta festa de entroido de verán é a diversión. Dá igual cal sexa a temática, o que sempre triunfa é o bo humor. Música, diversión e ante todo moita orixinalidade para aproveitar as horas de luz e a boa temperatura que nos brinda a época estival.

 

Fonte :TVG